top of page

Suspendidas as clases escolares mañá, 26 de xaneiro, en Deza pola alerta vermella por chuvias

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112


Laura Moure/Xeral

A Xunta vén de activar para mañá, luns 26 xaneiro 2026, a alerta vermella por chuvias no interior de Pontevedra e laranxa no noroeste, sur e zona do Miño de Ourense. Tamén haberá alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Ademais, o 112 advirte de que durante a activación da alerta vermella é recomendable activar o Plan de Emerxencia Municipal do concello (PEMU) ou o Plan de Acción Municipal (PAM) ante inundacións no caso de telo.


Segundo os organismos predictores a alerta vermella actívase por precipitación acumulada que pode acadar os 150 mm. en 12 horas e no noroeste, sur e zona do Miño de Ourense 80 mm en 12 horas por alerta laranxa. Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Debido á alerta vermella por choiva, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as clases e o transporte durante toda a xornada de mañá, luns 26, nos centros educativos e nas escolas infantís da zona Interior de Pontevedra. Así mesmo, debido á alerta laranxa por choiva, no día de mañá quedan suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos en tres zonas da provincia de Ourense: Noroeste, Miño e Sur.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os concellos afectados polas distintas suspensións poden consultarse no portal educativo.

Do mesmo xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, segundo as previsións dos órganos preditores, anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e as do programa Xogade que se realicen mañá no exterior nestas zonas. Os municipios e os horarios afectados poden consultarse na web Deporte Galego.


Continúa ademais a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Mantense polo tanto a suspensión da actividade deportiva no mar. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.estas




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page