Stop Bio?metano Deza entrega 2.248 sinaturas recollidas contra a planta de biometano en Agolada
- ecosdacomarca

- 27 feb
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Esta semana a plataforma Stop Bio?metano Deza, coa colaboración de Ecoloxistas Atlántica e Verde, fixo entrega das 2.248 sinaturas recollidas ata o momento contra a planta de biometano que promove en Agolada o fondo de investimento MAPFRE ENERGIAS RENOVABLES II FCR (https://www.empresia.es/empresa/mapfre-energias-renovables-ii/ ).

Co aval de 2.248 persoas, case tantas como o número de habitantes de Agolada, a plataforma solicita:
1) Á Xunta de Galicia que NON apoie politicamente o proxecto nin proceda a declaralo como de utilidade pública (potestade regrada pero con marxe técnico), nin proxecto industrial estratéxico (PIE) nin proxecto de interese autonómico (PIA), potestades estas dúas últimas cun importante compoñente discrecional.
2) Ao Concello de Agolada que execute o aprobado no Pleno celebrado o día 9 de decembro no que se acordou a suspensión temporal das licenzas, autorizacións e declaracións responsables relativas a estas plantas, coa finalidade de levar a cabo unha reforma das normas subsidiarias para regular de xeito restrictivo a implantación desta industria.
Publicidade
"Por outro lado, recentemente tivemos coñecemento de que os promotores planificaron dúas alternativas para eles e ningunha para a veciñanza, posto que solicitaron informe de compatibilidade urbanística para dúas ubicacións distintas no municipio: Amance e Basadroa. Nos dous casos, cunha distancia só de 500 metros aos núcleos de poboación máis próximos, cando xa o Decreto 2414 establecía ¡en 1961! unha distancia mínima de 2 km para actividades insalubres, nocivas e perigosas e mesmo a Dirección Xeral de Saúde Pública de Castela – A Mancha considera totalmente insuficiente unha distancia de 2 km (https://revistaenologos.es/wp-content/uploads/2025/11/Informe-DG-
A industria do biometano, apunta a plataforma, "tal e como proban numerosos estudos científicos, sen solucionar ningún problema agrario nin medioambiental, deteriora de xeito importante a calidade de vida e a saúde da poboación, fomentando o abandono do rural, co agravante de nutrirse de inxentes cantidades de fondos públicos, en boa medida grazas a prácticas presuntamente corruptas ou cando menos bastante sospeitosas
(pagos ao despacho de Montoro e contratación da consultora Acento -Pepe Blanco- para conseguir modificacións lexislativas en favor do sector gasístico)".
E insiste o colectivo, que "tal e como a propia Mapfre recoñece, a planta só xeraría 3 postos de traballo directos, pero destruiría máis, como os de varios establecementos hosteleiros situados a menos de dous km de Amance, entre os que destaca o fermoso Pazo de Eidián (do século XVI) e “As Perseidas de Traspenas”, proxecto de turismo de natureza con capacidade para 40 persoas".
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A esto súmase, apunta, "que cada vez máis persoas do resto de España e de Europa teñen interés en vivir na Terra do Medio. Algunhas casas en venda foron visitadas e/ou adquiridas por persoas de diversos lugares de España e mesmo de Europa. A Xunta de Galicia e os gobernos municipais da comarca do Deza terán que decidir se van apoiar que a comarca se converta nun vertedoiro despoboado ou que siga sendo unha terra atractiva para vivir", conclúe Stop Bio?metano Deza.







Comentarios