top of page

Unha muller perde a vida tras caer nun pozo en San Pedro de Losón, en Vila de Cruces

hace 25 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Unha muller duns 50 anos, veciña do lugar de Pazo, na parroquia de San Pedro de Losón, en Vila de Cruces, faleceu este martes tras caer nun pozo situado nunha finca próxima á súa vivenda.

Foto de arquivo do lugar de Pazo, en San Pedro de Losón.
Foto de arquivo do lugar de Pazo, en San Pedro de Losón.

A vítima estaba realizando labores de limpeza no pozo, utilizado para dar de beber ao gando da familia, cando, por causas que se descoñecen, caeu ao seu interior e non conseguiu saír.

 PUBLICIDADE

Ao tardar en volver á casa, un familiar foi buscala e atopouna no pozo. Entre varias persoas lograron rescatala, pero por desgraza a muller xa falecera.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e unha ambulancia. Todo apunta a que se trata dun accidente. O suceso causou unha profunda consternación entre a veciñanza. "Hoxe a nosa aldea tíñase de loito ante algo inesperado e tráxico", escribiron a través das redes sociais da parroquia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page