top of page

SonBoleros pecha hoxe, xoves, o ciclo de música na rúa En Aberto de Arzúa

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para hoxe, xoves, o cuarto e último concerto da presente edición do Ciclo de música na rúa En Aberto. Este ano o certame ofreceu catro concertos ao aire libre organizados dentro da programación cultural do verán.

Xa celebradas as actuacións de Rondalla Moraima, Andhrea & The Black Cats e Abril; o grupo SonBoleros pecha hoxe o ciclo a partir das 21:00 horas cun concerto na Praza de Galiza que terá, como de costume, a entrada de balde. En caso de choiva, o mesmo celebrarase no Multiusos Terra do Queixo.


Trátase dun cuarteto formado por Cristian Leggiero a cargo de piano, arreglos, dirección e coros; Pachi Cruz ao contrabaixo e coros, Ely Morales á percusión e voz e Geovani González á percusión menor e voz.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O grupo nace para rendir homenaxe á música latina en Galicia cunha línea moi elegante. Si tú me dices ven, Somos novios, Lágrimas negras ou Cantinero de Cuba son algún dos temas que forman parte dun repertorio polo que viaxará o público ao longo de hora e media de concerto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, destaca o éxito do ciclo “sendo capaz de encher a praza de público en cada concerto e ofertando diversidade de estilos para todos os públicos”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page