Son 69 concellos galegos os inscritos no Sistema VioGén, entre eles Lalín, Silleda e Melide
- Laura Moure

- hace 1 hora
- 2 min de lectura
Máis do 75% dos municipios que están en disposición de facelo atópanse adheridos a este protocolo
Laura Moure/Xeral
O Ministerio de Igualdade impulsa a loita contra a violencia de xénero en Galicia ao sumar 69 concellos inscritos no Sistema VioGén, o que supón catro máis que hai un ano. O Goberno avanza, deste xeito, no seu compromiso contra a violencia machista, desde a acción coordinada coas administracións locais e autonómicas, as forzas e corpos de seguridade e toda a sociedade civil.

Estas cifras supoñen que máis do 75% dos concellos que están en disposición de facelo atópanse adheridos ao Sistema VioGén. Para poder contar con este protocolo, as policías locais deben contar con máis de catro axentes e ter un deles especializado na acción contra a violencia machista.
PUBLICIDADE
Con respecto ao 2018, estes 69 concellos inscritos confirman a fonda pegada do protocolo en Galicia, pois naquel ano contábase con só 24. Baixando ao territorio, A Coruña é a provincia cun maior número de municipios rexistrados ao contar con 30; seguida de Pontevedra, con 22; Ourense con 11; e por último, Lugo con 6 concellos. Ademais, na da Coruña hai outro concello cos trámites iniciados para adherirse ao sistema. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa están inscritos os concellos de Lalín, Silleda e Melide.
PUBLICIDADE
O Ministerio de Igualdade leva investidos ata o ano 2026 máis de 113 millóns de euros en Galicia en materia de violencia machista, con máis de 13 destinados aos concellos. Este investimento comprende as actuacións previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (transferencias á Comunidade Autónoma e a concellos); o desenvolvemento de programas e a prestación de servizos que garantan o dereito á asistencia social integral ás
vítimas de violencia de xénero e á atención aos menores; a mellora da coordinación e desenvolvemento de plans personalizados e programas para o apoio a vítimas de agresións e/o abusos sexuais; e a creación dos Centros de atención integral 24 h a vítimas de violencia sexual.








Comentarios