Somoza confirma que a Xunta achegará 500.000€ para rematar o edificio polivalente asistencial de Rodeiro
- ecosdacomarca

- 20 ago
- 2 min de lectura
A voceira popular remarca que “ante a falta de compromiso do Goberno central, serán outra vez as Administraciónsgobernadas polo PP as que lle saquen as castañas do lume ao goberno local”
Ecos da Comarca/Rodeiro
A voceira do Grupo Municipal do PP de Rodeiro, Cati Somoza, confirmou onte que a Xunta de Galicia achegará 500.000 euros ao Concello de Rodeiro para rematar a construción do edificio polivalente de uso asistencial para centro de día e punto de atención infantil.

Cati Somoza indica que, ao abeiro da distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinará medio millón de euros para “desatascar a finalización dun proxecto impulsado no seu día polo anterior goberno do PP para mellorar a atención das persoas maiores e da infancia”.
PUBLICIDADE
Este importe súmase aos 200.000 euros xa investidos pola Administración autonómica nas fases anteriores e aos 150.000 euros adicionais comprometidos hai uns meses polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e xa asinados pola conselleira de Política Social, Fabiola García, a través dun convenio.
PUBLICIDADE
"En conxunto, o Goberno autonómico achegará 850.000 euros, que se complementarán con 500.000 euros da Deputación de Pontevedra a través do Plan Extra", recalca a popular. Ao respecto, Cati Somoza remarca ademais que “ante a falta de compromiso do Goberno central, serán outra vez as Administracións gobernadas polo PP as que lle saquen as castañas do lume ao goberno local”.
PUBLICIDADE
Por último, a voceira popular apremiou ao goberno local a “ser dilixentes na licitación e execución das obras pendentes” para xustificar o investimento correspondente ao Plan Extra da Deputación de Pontevedra antes de que remate o prazo o vindeiro día 31 de outubro.









Comentarios