top of page

O Goberno avanza na rehabilitación da N-640 entre Silleda e Caldas coa publicación da licitación

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 9 de outubro


Laura Moure/Silleda

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación das obras de rehabilitación do firme da N-640 entre Alto de Xindiriz e Caldas de Reis, cun orzamento de 10.535.189,99 euros, IVE incluído. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 9 de

outubro.

A publicación do expediente dá continuidade ao procedemento anunciado polo Ministerio o pasado 12 de agosto e concreta a actuación sobre 32 quilómetros da N-640, entre os puntos quilométricos 190 e 222, ao seu paso polos concellos de Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis.


As obras permitirán renovar o firme ao longo dos 32 quilómetros do tramo, adaptando a intervención ao grao de deterioro existente en cada zona. Os traballos incluirán o fresado do pavimento e a extensión de novas capas de mestura bituminosa, mentres que nos puntos que presentan maiores danos se acometerá unha rehabilitación máis profunda, coa demolición do firme e o saneamento da explanada cando sexa necesario.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A actuación contempla tamén a reposición das xuntas de dilatación afectadas nas estruturas, así como da sinalización horizontal e dos elementos de balizamento, co obxectivo de recuperar a capacidade funcional da estrada e mellorar a comodidade e a

seguridade da circulación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A actuación enmárcase no Plan Extraordinario para a mellora dos firmes da Rede de Estradas do Estado, dotado con 1.629 millóns de euros, e súmase aos 130,41 millóns de euros investidos polo Ministerio desde xuño de 2018 na conservación e mantemento das estradas estatais da provincia de Pontevedra.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page