UCIN: A nova formación política que irrompe con forza en Galicia
Ecos da Comarca/Xeral
UCIN recalca que “somos persoas de acordos, non de bronca, estamos abertos ao consenso como instrumento de traballo”. A nova formación política que irrompe con forza en Galicia quere ser a alternativa nas catro provincias. "Debemos reinventarnos, corrixir os erros anteriores e abrirnos a iniciativas cidadás".

Cidadáns Independentes (UCIN) é unha formación que se proclama, como o seu nome indica, “independente” e que se define como “centrada” para ofrecer a quen queira “crear unha candidatura no seu municipio co seu propio programa electoral”.
"Nas próximas eleccións municipais de 2027 cremos que é importante estar presentes na capital de Galicia, Santiago de Compostela e as catro provincias. Somos un claro expoñente de formulacións unidas baixo un fin común, o progreso dos cidadáns e todo baseado na xestión e en eficacia, evitando confrontacións innecesarias. Ser Independente non significa ser neutral, politicamente falando, ser independente é tamén ser plural e recoñecer que teñen de bo outras organizacións e aplicalo sen prexuízos”.
Así mesmo, indca que "estamos abertos ao consenso como instrumento de traballo. Atopámonos nun momento crucial para o noso país. Imos reconstruír o espazo que actualmente non representa á maioría de cidadáns, temos a responsabilidade de impulsar o espazo decisivo para transformar a actual política. Centrarémonos na construción dun centro político plural, de resultados e comprometido cos valores da democracia: o camiño máis efectivo fronte aos autoritarismos. UCIN é unha alternativa de cambio desde o centro e rompe coas vellas políticas baseadas en ideoloxías, algo que a día de hoxe é obsoleto".
コメント