top of page

Sofre un accidente en Silleda tras sentirse indisposto

O suceso tivo lugar esta mañá na AP-53


Ecos da Comarca/Silleda

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

Esta mañá produciuse unha saída de vía na AP-53, concretamente no quilómetro 35 á altura do concello de Silleda. O accidente, tal e como informa o 112 Galicia, debeuse a que a persoa que conducía o vehículo sufríu previamente unha indisposición ao volante.

Foi o propio condutor o que alertou ao 112 Galicia uns minutos antes das 12:00 horas. Na chamaba indicaba que se atopaba ben con respecto ao accidente que acababa de sufrir, pero que si precisaba asistencia médica pola indisposición que lle causou o sinistro.


Inmediatamente, o 112 Galcia mobilizou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento da Estrada.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page