Sobrado celebrará o 12 de xuño a XXVIII Festa dos Maiores
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Os interesados terán de prazo ata o 5 dese mes para recoller a tarxeta de invitación
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado organizará o vindeiro 12 de xuño a XXVIII Festa dos Maiores, unha xornada pensada para fomentar a convivencia e render homenaxe ás veciñas e veciños maiores de 60 anos, así como aos seus cónxuxes.

O programa dará comezo ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Porta. Posteriormente, ás 14:00 horas, celebrarase o tradicional xantar de irmandade no Pavillón Polideportivo Municipal.
PUBLICIDADE
Para poder asistir será necesario retirar previamente a tarxeta de invitación na Casa do Concello ata o 5 de xuño de 2026. Desde a organización lembran ademais que será obrigatorio presentar esta tarxeta para acceder ao polideportivo o día da celebración.
PUBLICIDADE
O Concello anima ás persoas participantes a compartir esta xornada especial de encontro, convivencia e celebración.








Comentarios