top of page

SLG: "En Agolada a apertura de cortalumes deixou prados e parcelas agrarias inservibles para sementar"

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas pide que as administracións se responsabilicen dos danos ocasionados pola maquinaria anti incendios no campo


Ecos da Comarca/Agolada

Desde o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregras (SLG-CCLL) facen fincapé nos danos ocasionados pola entrada de maquinaria pesada durante os labores de extinción dos incendios forestais producidos nas últimas semanas. "Na zona de Agolada, a apertura de cortalumes con bulldozers deixou prados e parcelas agrarias inservíbeis para sementar os cultivos de inverno".

ree

"Aínda que entendemos que a entrada de maquinaria é unha de situación comprensible no medio da emerxencia provocada polos lumes, os efectos nas terras de cultivo deixan agora ás persoas labregas afectadas nunha situación moi complicada. Sen unha intervención por parte das administracións, os prados permanecerán desfeitos e será imposíbel sementar a tempo, xa que coa chegada das chuvias non se poderá acceder ás leiras con maquinaria agrícola", salienta o SLG.


Desde o SLG entendeb que, se ben se actuou tendo en conta as circunstancias excepcionais, "agora hai unha responsabilidade por parte da Xunta de Galicia no arranxo dos danos ocasionados polo dispositivo anti incendios".


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Son danos que se produciron pola entrada nas parcelas da maquinaria pesada para a extinción, situación que entendemos, pero agora tamén consideramos que hai unha responsabilidade da Xunta no arranxo dos danos ocasionados polo dispositivo”, di Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do SLG.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Sindicato Labrego Galego esixe, polo tanto, que a Xunta de Galicia asuma a súa responsabilidade e active de inmediato os medios necesarios para reparar os prados e leiras afectadas, garantindo que as explotacións poidan retomar canto antes a súa actividade normal.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page