top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda volve instalar unha pantalla xigante para ver a final da Eurocopa

A praza de Juan Salgueiro será unha vez máis o lugar de encontro para ver o partido deste domingo 14 de xullo


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda volverá instalar unha pantalla xigante na praza de Juan Salgueiro para que todas as persoas que o desexen poidan seguir a final da Eurocopa este vindeiro

domingo, 14 de xullo, a partir das nove da noite. Unha vez máis, Silleda animará a Joselu coa ilusión de poder celebrar con el un novo título.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Joselu, que lle dá nome ao estadio municipal, forma parte desta ilusionante España que se clasificou para a final da Eurocopa como único equipo que pode contar os seus partidos por vitorias. Por iso, e tal e como sucedera coa final da Liga de Campións que gañou o Real Madrid co dianteiro silledense nas súas filas, o Concello convida agora a toda a veciñanza a gozar xunta do derradeiro partido da Eurocopa para mostrarlle así o máximo apoio ao seu paisano.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Joselu está a un paso de sumar un novo título converténdose en campión de Europa coa Selección Española, á que só lle falta impoñerse a Inglaterra o próximo domingo para conquistar a coroa continental. “Grazas a Joselu, Silleda estará presente en Berlín o próximo domingo. É todo un orgullo para nós contar cun deportista de élite como el como gran embaixador do noso pobo. Oxalá xogue e poida mesmo marcar un gol”, sinala a alcadesa, Paula Fernández.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page