Silleda reparte máis de 100.000 euros en subvecións a colectivos culturais, veciñais e deportivas
- Laura Moure
- 5 ago 2022
- 3 Min. de lectura
As entidades beneficiarias terán que presentar a documentación e facturas correspondentes para cobrar estas axudas antes do vindeiro 30 de novembro
Laura Moure/Silleda
O goberno municipal de Silleda vén de aprobar na súa última sesión celebrada a semana pasada o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal. En total outorgaranse 101.000 euros nas tres liñas de axuda, adicándose 23.000 euros para as asociacións culturais (as que hai que sumar as aportacións nominativas para as dúas bandas de música) ; 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 8.055 euros para as asociacións de participación social.

A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello (planta baixa) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Esta resolución comunicarase tamén aos colectivos, que disporán a dun prazo de 10 días, (contados a partires da recepción da resolución), para a aceptación da resolución.
A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas tres convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra), e que este ano, incluiron tamén a posibilidade de optar ás axudas para actividades e tamén para a adquisión de bens materiais. Nas tres convocatorias,aumentou o número de solicitudes respecto ao ano anterior.
Subvencións culturais e veciñais
Nas subvencións culturais o reparto tamén tivo en conta –tal e como establecen as bases- as necesidades de agrupacións de coro e de baile tradicional no tocante aos gastos de dirección. Así, nesta liña a proposta recolle o seguinte reparto 3.285,53 euros para a Coral Polifónica Trasdeza; 1.206,81 euros para o colectivo Coto do Castelo de Graba; 3.321,63 para a Asociación Cultural Xirandola; 1.364,22 para a Asociación Feiral Semana Verde; 1.664 para o Coro Vales Mahía; 2.041,39 para a Anpa Musiquiños; 3.683,86 euros para a Asociación Cultural Vista Alegre; 1.049, 05 euros para O Son da Fervenza ; 987,05 para O Cruceiro de Breixa; 600 euros para a Asociación Mulleres de Silleda; 1.044 ,46 para o colectivo Festibandeira; 1.700 euros para Amigos da Banda de Silleda; e 526 euros respectivamente para a Asociación Sociocultural de Cortegada e a asociación de Mulleres Fervenza do Castelo.
No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios inclúe a Asociación de Veciños de Negreiros, con 428 euros; Copa do Castro, con 700 euros; A Costa de Abades, con 1.091 euros; Asociación San Miguel de Lamela, 700 euros; Avecuco de Cortegada, 1.191 euros; Vilar de Trasdeza con 927 euros; Avema, con 891 euros; a asociación Santiago Apóstolo de Taboada con 400 euros; asociación veciñal de Ansemil-Martixe con 700 euros; Asociación veciñal San Félix de Margaride 382 euros; e asociación cultural e veciñal Axóuxeres de Fiestras 645 euros.
Subvencións deportivas
Na liña das subvencións deportivas, concorreu tamén un club máis que en 2021. O reparto proposto inclue a Escola de Fútbol de Silleda con 6.056,25 euros; o Club de Pesca Deportiva Río Deza con 700 euros; SPD Deza Pádel con 1.976,25 euros; Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, con 2.996,25 euros; Club Deportivo Castillo Ulla Deza con 1.147,50 euros; Club Petanca Bandeira, 2.358,75 euros; BTT Trasdeza con 2.103,75 euros; a S.D Bandeira con 6.311,25 euros; os clubes C.F Laro, C.F. Lamela e S.D Silleda, aos que se outorgan respectivamente 3.6.97,50 euros e o club Amigos do Fútbol de Silleda con 256, 25 euros.
Subvención nominativa ás bandas de música
Polas súas especiais características de funcionamento e a labor didáctica que realizan, este ano por segunda vez a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira terán subvención nominativa, sen concorrer cos demais colectivos, con axudas respectivamente de 20.000 e 15.000 euros, que se deben de xustificar con gastos e facturas ao igual que no resto dos casos.
En total todas estas axudas suman máis de 100.000 euros “unha cantidade histórica que ven a reforzar a actividade e a gran dinamización que realizan os colectivos silledenses”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Prazo de xustificación
Así, e en canto aos prazos de xustificación, as entidades beneficiarias terán que presentar a documentación e facturas correspondentes para cobrar estas axudas antes do vindeiro 30 de novembro.
Commenti