A voceira popular de Agolada, Carmen Seijas, pronúnciase sobre a dimisión de Luis Calvo
- ecosdacomarca

- hace 6 minutos
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este luns o alcalde de Agolada, Luis Calvo, anunciaba a súa dimisión. Onte, a voceira dos populares de Agolada, Mari Carmen Seijas, pronunciouse sobre esta decisión, algo que tanto o PP como o BNG levaban semanas pedindo.

Comunicado de Carmen Seijas:
"En primeiro lugar, dicir que a dimisión do alcalde que coñecimos onte (polo luns) foi unha decisión que non agardabamos, porque todos supoñiamos que ía recurrir a sentenza do TSXG, pero aplaudimos que decidira acatar o fallo sen recurrir a instancias superiores, evitándolle ao Concello da Agolada ano e medio máis de degradación da institución.
Eu quero facer unha dobre valoración da súa dimisión:
Por unha banda, unha valoración no ámbito persoal, porque, aínda que non sei se el diría o mesmo de min, eu non lle desexo nada malo no ámbito persoal ao señor Luis Calvo. É dicir, agardo que tras esta sentenza poida reorientar o seu futuro alonxado da çAdministración Local e da política municipal.
E por outra parte, está a valoración política, na que xa non podo ser tan benevolente, porque a sentenza do TSXG é a consecuencia dunha duns actos e dunha actitude política practicamente dictatorial e baseada na soberbia. Vímolo de ver co fiscal xeral do Estado e vímolo tamén co señor Luis Calvo: ninguén está por riba da xustiza e ninguén pode saltarse os procedementos administrativos, e menos aínda para prexudicar a unha empresa que xera emprego e riqueza neste concello. Polo tanto, os actos teñen consecuencias e esta dimisión do alcalde marca o principio do fin dunha etapa na que, con Luis Calvo e o PAYJ, Agolada involucionou a todos os niveis. Politicamente, a etapa de Luis Calvo como alcalde estivo marcada por unha xestión municipal deficiente e ineficaz, pola perda de oportunidades, pola falta de interlocución con outras administración, pola merma da calidade democrática, polo sectarismo, polas constantes faltas de respecto á oposición, etc. É dicir, despois de seis anos como alcalde, Luis Calvo deixa unha Agolada
peor de como a atopou.
Publicidade
Respecto a esta dimisión, si teño que lamentar que o señor Luis Calvo nin sequera soubera marchar mantendo un mínimo de dignidade política, xa que tanto o fondo como as formas da mensaxe coa que comunicou a súa dimisión a través das redes sociais é inadmisible e lamentable. Por suposto, desde o PP non nos sentimos aludidos por
ningún dos seus comentarios.
O alcalde Luis Calvo xa forma parte da historia política de Agolada e agora toma comezar a escribir unha nova historia, que, polo que anunciou onte (polo luns), todo parece indicar que será o concelleiro Óscar Val o que acceda á Alcaldía. Respecto a isto, si queremos manifestar :
Respecto ao sucesor na Alcaldía, o actual teniente de alcalde Óscar Val, temos que dicir que non sabemos se o seu gran mérito para ser o elixido por Luis Calvo se debe á fidelidade que amosou no xuízo contra o seu xefe, no que mentiu cando foi declarar como testigo, tal e como recolle a sentenza do TSXG, para tratar de proporcionarlle unha coartada. Mal precedente para debutar como alcalde de Agolada.
Publicidade
Se finalmente Óscar Val accede á Alcaldía, desde o PP de Agolada darémoslle o pertinente periodo de graza, pero tamén lle advertimos que imos seguir sendo firmes e implacables na crítica e a fiscalización da súa xestión. Dubidamos que el vaia rachar coa dinámica política de Luis Calvo e que vaia abrirse a un maior diálogo e interlocución coa oposición e por iso teranos completamente en fronte, desexando que cheguen as eleccións de 2027, e vixiando que non sexa o alcalde dimitido o que segue a manexar os fíos do concello desde a sombra.
Respecto á frase de Luis Calvo de que nos veremos nas eleccións, supoñemos que se refire á continuidade do PAYJ, pero hai que ter en conta que é un proxecto político moi personalista e o previsible é que se siga desmoronando de aquí a maio de 2027".








Comentarios