top of page

Silleda recibe a Maritxu Iparraguirre, unha peregrina exemplar de 85 anos

Leva dende o 2017 facendo o Camiño e xa conta con 54 percorridos en todas as súas vertentes


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda tivo esta semana a honra de recibir a entrañable peregrina vasca Maritxu Iparraguirre, unha muller de 85 anos que leva realizados nada menos que 54 rutas dos Camiños de Santiago ao longo da súa vida. Maritxu é un exemplo de constancia e paixón pola ruta xacobea.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante décadas, percorreu diversos itinerarios do Camiño, visitando lugares emblemáticos como a Torre de Hércules na Coruña. Mesmo durante a pandemia, non deixou de se achegar aos puntos simbólicos desta tradición milenaria, mostrando unha entrega admirada por toda a comunidade peregrina.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o Concello, a alcaldesa, Paula fernández, e a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González, recibiron na Casa consistorial a esta muller, todo un exemplo de superación.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page