Silleda recibe a José González Costa, presidente do Centro Lalín Agolada Silleda en Bos Aires
Ecos da Comarca/Silleda
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, recibiu no consistorio a José González Costa, presidente do Centro Lalín Silleda Agolada en Bos Aires, que está a pasar uns días na comarca.

PUBLICIDADE
“Para min é todo un motivo de satisfacción recibir a visita dos nosos emigrantes “, indica a alcaldesa que estivo acompañada polas concelleiras Mónica González, Ángela Troitiño e Estefanía Taín.
PUBLICIDADE
Tamén José González Costa amosou o seu agradecemento en nome do Centro á rexedora silledense, que trasladou un agarimoso saúdo aos veciños e veciñas de Silleda residentes na capital arxentina a través do seu presidente, natural do veciño municipio de Lalín.









Comentarios