Silleda recibe a José Antonio Nieto, que peregrina a Compostela cun reto solidario polo cancro infantil
- ecosdacomarca

- 7 oct 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A concelleira de Benestar Social e Sanidade, Ángela Troitiño, recibiu onte no Concello a José Antonio Nieto Peña, que está levando a cabo o reto solidario da Asociación “Por una Sonrisa”. 5.500 kilómetros, en favor do cancro infantil.

Natural de Ubrique (Cádiz) este peregrino está a dar visibilidade a esta enfermidade realizando o Camiño de Santiago. Nesta nova ruta partiu de Irún o pasado 29 de xuño e ten previsto voltar á súa terra a principios de novembro.
Publicidade
A concelleira silledense agradeceu o esforzo que está a realizar este deportista gaditano que xa pasou pola localidade a finais do ano 2023. Silleda súmase así á lista de concellos de toda España que colabora con esta causa.







Comentarios