top of page

Silleda pide á Xunta e a Fomento a mellora do firme na PO-201 e na N-525 ao seu paso por este pobo

Dende a alcaldía remitíronse nos últimos días senllos informes sobre o estado destes dous viarios, con deficiencias que se agravaron nos últimos días polas intensas choivas

O pobo de Silleda. Foto: Concello de Silleda


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de remitir nos últimos días á Demarcación de Carreteras do Estado en Pontevedra e tamén á Delegación Provincial da Consellería de Mobilidade e Infraestruturas senllos informes sobre o estado de viais da súa titularidade. En concreto, solicítase a mellora do firme en dous viais que pola súa densidade de tráfico e polas inclemencias meterolóxicas dos últimos días presentas graves deficiencias.


Así, elaboráronse por parte da Policía Local informes sobre o estado da N-525, no tramo entre Taboada e Silleda, "con diversos puntos preocupantes" como a rotonda de entrada á vila, e sobre o estado da PO-201, que une Silleda e Laro. Este último xa fora entregado á Delegación da Xunta en Pontevedra hai uns meses, solicitando o arranxo do firme, cun estado moi deficiente sobre todo no tramo do Parque das Pedrosas e ata o lugar de O Marco, en Siador.


“Trátase de dous viais cunha gran densidade de tráfico e que precisan dunha reparación con urxencia”, engade o alcalde, Manuel Cuiña. Nos informes alértase de que o mal estado afecta directamente á seguridade, ante a posibilidade de que as persoas usuarias traten de evitar os desperfectos ao circular pola calzada.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page