top of page

Silleda pasa de seis a 37 casos activos tras detectarse un brote na residencia de maiores

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A localidade de Silleda.


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acaba de informar que, respecto á actualización dos datos de casos activos de Covid-19, que segundo os datos reportados esta mañá polas autoridades sanitarias o municipio de Silleda pasa de seis a 37 activos, tras confirmarse un brote na Residencia de Maiores de Silleda. Dende o Concello de Silleda agárdase que todas as persoas afectadas, de momento asintomáticas, se recuperen satisfactoriamente e que os efectos da vacinación resulten efectivos á hora de superar a enfermidade.


Así mesmo, dende a Alcaldía solicitarase ao Comité clínico da Consellería de Sanidade que non se teñan en conta estes casos á hora de establecer restriccións, dado que se trata de persoas que non interactúan socialmente co resto dos habitantes. Os casos serían confirmados por probas PCR nas últimas horas logo de detectarse un primeiro caso o pasado mércores no centro silledense, onde non se rexistrara ningún contaxio dende o inicio da pandemia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page