top of page

Silleda organiza para o 22 de xaneiro unha sesión informativa sobre a depresión

Está incluida no no marco do Plan Municipal de Saúde Mental deste Concello


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa coa súa programación no marco do Plan Municipal de Saúde Mental e organiza para o vindeiro xoves 22 de xaneiro unha sesión informativa sobre a depresión, dirixida a toda a veciñanza, que terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello (segundo andar) ás 18:00 horas.

A actividade coincide co Día Mundial contra a Depresión, que se conmemora o pasado martes 13 de xaneiro, unha xornada destinada a visibilizar un trastorno de saúde mental que afecta a millóns de persoas en todo o mundo e que, en moitos casos, continúa rodeado de estigmas e incomprensión. A depresión vai moito máis alá da tristeza puntual, podendo provocar un impacto significativo na vida persoal, familiar, social e laboral das persoas que a padecen, polo que resulta fundamental favorecer a información, a prevención e o acceso ao apoio axeitado.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Baixo o lema “Depresión, máis alá da tristeza: que é o que podemos facer”, esta sesión pretende poñer o foco na importancia da saúde mental e ofrecer ferramentas básicas para comprender este trastorno, detectar sinais de alerta e saber como actuar ou acompañar ás persoas afectadas. O Concello de Silleda destaca neste ámbito por ser un dos primeiros municipios en contar cun Plan Municipal de Saúde Mental propio, promovendo a participación da veciñanza e a creación de espazos seguros para compartir experiencias e recibir apoio.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A sesión será impartida por persoal especializado da asociación FEAFES Galicia (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), entidade á que o Concello agradece a súa colaboración na implantación deste programa municipal.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Silleda anímase á cidadanía a inscribirse ata o propio día da sesión a través do teléfono 986 59 20 37. Pola súa banda, a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, subliña que “a saúde mental é un piar básico no benestar das persoas, e está na man de todos e todas comprendela, normalizala e tratala coa importancia que merece”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page