Silleda non cobrará á hostalaría nin a taxa do lixo nin da instalación de terrazas durante este ano
- ecosdacomarca

- 18 feb 2021
- 1 Min. de lectura

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (Boppo) publicou onte a aprobación definitiva da medida pola que neste exercicio 2021 o Concello de Silleda non cobrará aos locais de hostalaría nin a taxa pola recollida de lixo nin a de instalación de terrazas. Tamén se exime do pago, entre outros, aos postos de venda ambulantes. Esta medida foi acordada no pleno celebrado o pasado mes de novembro para paliar os efectos da pandemia nestes sectores.
Foto: Páxinas Galegas






Comentarios