Estes días comezaron a colocarse bandos informativos por todo o municipio lembrando o estipulado na Lei de Prevención e Defensa contra incendios forestais
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de iniciar a colocación de bandos por todo o termo municipal para lembrar ás persoas propietarias tando de parcelas no rural como de solares en cascos urbanos a obriga de ter estes terreos limpos antes de que remate o mes de maio.
Así o recolle o artigo 22 da Lei 3/2007 do 9 de abril, de Prevención e Defensa contra incendios forestais de Galicia.
No bando apélase á colaboración da veciñanza e lémbrase así mesmo que o incumplimento da normativa pode acarrear sancións, estipuladas tamén na citada normativa. Nos últimos anos, o Concello de Silleda vén ademais remitindo comunicacións a diversas persoas propietarias baseadas en informes da Policía ante o mal estado dalgunhas fincas. A partir deste ano realizaránse tamén, nos casos de manifesto incumplimento, informes técnicos para abrir dende a entidade local os correspondientes expedientes sancionadores. “Facemos un chamamento para que todas as persoas propietarias procuren ter limpas as súas propiedades antes desa data”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Así mesmo, explica que cada vez son máis os veciños e veciñas que comunican ao Concello o estado de abandono de parcelas colindantes cas súas vivendas, “cunha preocupación totalmente comprensible”, engade.

ความคิดเห็น