As actividades enmárcanse no programa do 25-N
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda vén de poñer en marcha os obradoiros de igualdade “Eu vou comigo”, incluídos na súa programación do 25-N, nos centros educativos do municipio. A Concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño, visitou ao alumnado de 2ºESO do CPR María Inmaculada e o vindeiro luns 2 de decembro, reunirase cos mozos e mozas de 3º ESO do IES Pintor Colmeiro.
As sesións están impartidas por personal municipal adscrito ao Centro de Información á Muller (CIM). Neste último centro instalarase ademais un Punto Violeta fixo, con material e información sobre igualdade. Así mesmo, tamén se procederá á creación dun recuncho específico con libros feministas, que baixo o lema “As Bolboretas”, no marco da campaña realizada este ano con motivo do 25-N porá a disposición do profesorado e alumnos distintos títulos feministas.
Publicidade
“É importante traballar dende a prevención e con actividades dirixidas á poboación máis nova, para seguir avanzando no plano da igualdade”, remarca a concelleira de Educación e Igualdade, Ángela Troitiño.
Comments