top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda habilita dous puntos de recollida de produtos de primeira necesidade para a Comunitat Valenciana

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda anuncia a habilitación de espazos para a recollida de alimentos e materiais básicos, destinados a apoiar ás persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Esta acción enmárcase na colaboración coordinada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Delegación do Goberno en Galicia, e tamén á vista do comunicado emitido onte á tarde pola Federació Valenciana de Municipis i Provincies, no que se solicita colaboración.

A cidadanía de Silleda poderá contribuír con alimentos e produtos de primeira necesidade, tales como auga, leite, embutidos, pan de molde, latas de atún, produtos de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas. Estes artigos serán centralizados e enviados baixo a supervisión da FEGAMP para garantir unha axuda eficaz e organizada.


Poden depositarse entre as 8:00 e as 15:00 horas na Casa do Concello de Silleda e de 16:00 a 21:00 horas no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira


Ademais, infórmase que tamén se poden realizar colaboracións económicas a través dos canais habilitados pola Cruz Vermella Española. As doazóns poden efectuarse mediante transferencia bancaria, Bizum ou SMS. Para máis información sobre como colaborar economicamente, pódese consultar a páxina oficial da Cruz Vermella Española, ou nas redes sociais do Concello.


Publicidade

Esta iniciativa, en liña co compromiso solidario de Silleda, busca ofrecer apoio inmediato ás comunidades afectadas en Valencia, contando coa colaboración de todas as persoas que desexen participar.


Contacto cos voceiros e as asociacións e reunión o luns

Por outra banda, a alcaldesa, Paula Fernández, contactou xa na tarde de onte cos voceiros de todos os grupos municipais para traballar de forma conxunta nesta acción. Do mesmo xeito, tamén se informará ao tecido asociativo de cara a aunar esforzos. Así, convocarase ás asociacións e colectivos e tamén aos grupos municipais a unha xuntanza o luns día 4 ás 20:30 horas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page