Silleda establece servizos mínimos para as xornadas de folga no Servizo de Axuda no Fogar
- ecosdacomarca

- 10 sept 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda informa que, con motivo da folga autonómica convocada pola CIG para as xornadas de hoxe, mércores e mañá, xoves día 11, no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), veñen de establecerse servizos mínimos para garantir a atención esencial ás persoas usuarias máis vulnerables.

A xornada de folga, convocada para reivindicar melloras laborais das persoas traballadoras do sector, contará con auxiliares que cubrirán servizos mínimos. Así durante estas dúas xornadas prestarase atención a 23 persoas usuarias, con reducción horaria.
Publicidade
A selección realizouse priorizando casos de maior dependencia e vulnerabilidade, así como as persoas que non contan con apoio familiar, contando coas traballadoras que manifestaron voluntariamente a súa dispoñibilidade. Todas estas medidas foron tamén comunicadas ás familias das persoas usuarias.







Comentarios