Silleda entrega os premios da terceira edición do certame 'Silleda Fai Nadal'
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda entregou hoxe no Salón de Plenos os premios da terceira edición do certame Silleda Fai Nadal, unha iniciativa que comezou hai tres anos para fomentar a participación e interacción da veciñanza e axudar ao tecido do comercio e a hostalería local.

Este ano incrementouse a contía dos premios, con máis de 3.000 euros repartidos en total para gastar no comercio e hostalería do municipio ata o 30 de abril. Na entrega participou o alcalde, Manuel Cuiña, e as concelleiras de Cultura, Mónica González, de Comercio, Pili Peón, e de Benestar, Ángela Troitiño, que agradeceron a colaboración de todos os veciños e veciñas e dos grupos participantes, nunha edición con grande nivel tanto na orixinalidade como na aposta decorativa.
Os premiados foron:
Cartegoría individual:
1º Premio: Nerea Costa Alonso, de Laro
2º Premio: Alexia Ferro García, rúa do Progreso
3º Naiara Peña Conde: rúa Carballeira do Chousiño
Categoría Colectiva:
1º Premio: Veciñanza da Praza Mestre Mateo de Silleda
2º Premio: Asociación Socio Cultural de Cortegada
3º Premio: Nenos e Nenas de Aldea Grande, en Saídres
Mención Especial para a veciñanza do Barrio das Baratas.
As decoracións navideñas gañadoras poden verse no seguinte enlace:
NOTICIAS RELACIONADAS:








Comentarios