top of page

Silleda dá a coñecer os premiados do seu concurso de decoración Silleda Fai Nadal

A Feira da Santa Lucía na praza Mestre Mateo, a asociación sociocultural de Cortegada, un grupo de nenos de Saídres, Nerea Costa, Alexia Ferro e Naiara Peña, son os triunfadores // O Barrio das Baratas recibe unha mención especial


Laura Moure/Silleda

A terceira edición do certame de decoración navideña #SilledaFaiNadal xa ten as creación gañadoras. O xurado reuniuse nas últimas horas para a posta en común e valoración das

propostas deste certame, que reparte máis de 3.000 euros en premios, consistentes en vales para gastar no comercio e hostalería do municipio.


Na categoría colectiva o primeiro premio (1.000 euros) é para a veciñanza da praza Mestre Mateo de Silleda, pola súa Feira da Santa Lucía. O segundo (700 euros) recaeu na Asociación Sociocultural de Cortegada, cunha orixinal recreación da casa de Papá Noel na carballeira de Camporrapado. O terceiro, dotado con 500 euros, é para un grupo de nenos e nenas de Aldea Grande, en Saídres que decoraron o lavadoiro da localidade. Na categoría colectiva, tamén se outorgou unha mención especial ao Barrio das Baratas, -gañadores das dúas edicións anteriores- pola súa vistosidade e a promoción do Camiño de Santiago.


Na individual, a proposta gañadora (500 €) foi novamente a de Nerea Costa Alonso, pola decoración da sua vivenda en O Pereiro, Laro. O segundo premio foi para Alexia Ferro, (300 €) cun portal na rúa do Progreso, e o terceiro para o balcón de Naiara Peña Conde na rúa Carballeira do Chousiño (175 €).

Os seis escenarios gañadores dos tres premios en cada categorías (por orde).


No xurado participaron membros dos colectivos Asociación Cultural Vista Alegre, Asociación Sociocultural Coto do Castelo de Graba, e ANPA Musiquiños, aos que dende o Concello se lles agradece tamén a súa colaboración. Os premios entregaranse a vindeira semana na Casa Consistorial.

Dende o Concello de Silleda agradécese a participación e implicación de todos as persoas e grupos participantes neste certame, que xurdiu en 2020 con distintos obxectivos. Así, ademais de dinamizar a participación activa da veciñanza, e promover a creación de ambiente de Nadal, tamén se pon en valor o uso de materiais de refugallo ou de segunda utilización, e se promove a interacción social. Ao mesmo tempo, tamén se dinamiza o comercio e a hostalería local.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page