Silleda despide o ano hoxe coa San Silvestre e a Gala Pre Fin de Ano na Praza Siñor Afranio
- ecosdacomarca

- hace 4 minutos
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
Silleda vivirá hoxe, 31 de decembro, unha das citas máis agardadas do calendario festivo coa celebración da San Silvestre de Silleda, que volverá combinar deporte, humor e celebración coa Gala Pre Fin de Ano, a partir das 10:00 horas na Praza Siñor Afranio. O evento está organizado polo Concello de Silleda e o Club Trasdeza Trail Run, e estará conducido de novo por Cristina Collazo e o comentarista deportivo Roberto Álvarez, tamén coñecido como “El corredor tortuga”, que repiten tras o éxito da edición de 2024.

As carreiras darán comezo cos máis novos, nunha xornada pensada para todos os públicos. Así, ás 10:00 horas correrán as categorías infantís, seguidas da categoría benxamín ás 10:30 horas e da categoría chupete ás 10:45 horas. A carreira senior, prevista para as 11:00 horas, percorrerá as principais rúas da vila: Progreso, avenida do Parque, María Colmeiro, Venezuela, Outeiro, o recinto da Semana Verde e a rúa Recinto Feiral. Xa hai bandos colocados informando das distintas restriccións polo paso da proba deportiva.
Nesta edición espérase a participación de máis 300 corredores e corredoras en total, nun ambiente festivo no que non faltarán os disfraces, un dos sinais de identidade da San Silvestre. Haberá premios para os tres primeiros clasificados e clasificadas, tanto en categoría masculina como feminina, así como recoñecementos para os mellores atletas locais e para o disfraz máis orixinal.
Publicidade
A cita completarase cunha Gala Pre Fin de Ano na que se celebrarán novamente as 12 badaladas para comer as uvas por adiantado, acompañadas de música, un repaso ao ano que remata, entrevistas e diversas sorpresas. No evento colaboran tamén distintos colectivos e entidades locais, facendo posible unha xornada que combina deporte, convivencia e celebración colectiva.
Publicidade
Pola noite, na praza Juan Salgueiro de Silleda tamén se celebra a partir das 1:00 horas unha festa na carpa instalada ca actuación de DJ Marcos Kintana, da man da asociación Xuventude Silleda, -que organiza as festas de verán- ca colaboración do Concello.








Comentarios