Silleda dá comezo ás Festas de Verán 2025 co seu tradicional chupinazo
- Laura Moure

- 11 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
Onte, xoves ás 21:00 horas, deron comezo oficialmente as Festas de Verán de Silleda 2025 co tradicional chupinazo na Praza Siñor Afranio, a carón da Casa do Concello, a que seguiu o concerto do grupo local Distrito Dezaseis, na citada praza. Este acto marcou o inicio dunha programación chea de actividades culturais, musicais e gastronómicas para todas as idades. A noite estivo amenizada pola Orquestra Panorama City, Discoteca Pirámide XL e o DJ Casanova.
Para hoxe venres, 11 de xullo, día festivo local en Silleda, a programación continúa cunha chea de propostas:
Publicidade
Pola mañá:
Desfile do grupo de gaitas Aires do Trasdeza do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
Actuación dos Mariachis Sol de Galicia.
A partir das 12:30 horas, celebrarase unha degustación de produtos
derivados do lacón na Praza Juan Salgueiro, coa colaboración de Embutidos Lalinense.
Pola tarde e noite:
Animación coa Charanga Os Atrevidos.
Concerto da Banda Xuvenil da EMUSI ás 20:00 horas na Praza Juan Salgueiro.
A partir das 22:00 horas, espérase a asistencia de arredor de 1.600 persoas á tradicional XXV Festa Gastronómica do Lacón, tamén na Praza Juan Salgueiro, onde se poderá degustar este exquisito manxar.
E para rematar, a verbena estará a cargo da Orquestra Marbella,
acompañada pola Discoteca Pirámide XL con DJ Marcos Kintana.
Publicidade
Recepción á banda de Montserrat
Así mesmo, hoxe, venres ás 12:00 horas está prevista a recepción no Concello de Silleda da Banda de Montserrat (Valencia) que actuará o sábado xunto ca municipal de Silleda na praza Siñor Afranio

Bautismo hípico
Por outra banda, tamén hoxe no marco da feira Equina, na Semana Verde comezarán as sesión de bautismo hípico para a rapazada. Hoxe, venres, celebraránse en horario de 17:00 a 21:00 horas e o sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
As festas continuarán ata o domingo co concerto das bandas de música do municipio, charangas, e actividades como a actuación de Patty Diphusa na praza da Igrexa.








Comentarios