top of page

Dúas persoas trasladadas por inhalación de fume tras un incendio en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Onte, mércores, orixinouse un incendio no municipio de Silleda que se saldou con dúas persoas feridas.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Tal e como informa o 112 Galicia, os feridos precisaron traslado hospitalario despois de que un lume orixinado nun coche calcinase por completo un alpendre con vehículos e ferramentas no lugar de Lázara, na parroquia do Castro.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O suceso comezou ás 19:15 horas, momento no que o 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dun particular que alertaba de que o lume se iniciara nun coche no interior dun garaxe, nunha vivenda situada na estrada PO-211, na zona do Castro. De inmediato, os xestores de emerxencias pasaron aviso aos Bombeiros de Deza, así como aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tras rematar as tarefas de extinción no lugar, os bombeiros indicaron que o lume afectara finalmente a un alpendre anexo á vivenda, o cal ardeu por completo con varios vehículos e ferramentas que había no seu interior. A maiores, o persoal sanitario do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que evacuar a dúas persoas ao Hospital Clínico de Santiago debido á inhalación de fume provocada polo incendio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page