O Goza do Ulla 2026 acolle un total de 19 rutas que percorrerán os 20 concellos bañados polo Ulla
- Laura Moure

- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
Touro e Vila de Cruces compartirán a andaina
Laura Moure/Xeral
Onte, mércores, o Couto de Ximonde en Vedra acolleu a presentación do Goza do Ulla 2026. A idea orixinal do proxecto Goza do Ulla nace no ano 2011 a partir da iniciativa de
cinco concellos bañados polo Ulla que concibiron a idea de poñer en valor as
potencialidades relativas ao uso turístico de devandito río e agora chega a 20 municipios.

Esta iniciativa acolle 20 concellos polos que transcorre o Ulla dende o seu nacemento
en Antas de Ulla, ata a súa desembocadura na ría de Arousa tras percorrer sobre 130
km. Concellos das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra: Antas de Ulla,
Monterroso, Palas de Rei, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Boqueixón,
Silleda, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pontecesures, Dodro, Valga, Catoira, Rianxo e
Vilagarcía de Arousa.
A actividade desencadeante do programa virou en torno ao goce das rutas de
sendeirismo da conca fluvial do citado río, un espazo protexido pola Rede Natura 2000.
O éxito deste proxecto débese, en boa parte, á xestión compartida en canto a
organización, finanzamento e aproveitamento dos recursos materiais e humanos
aportados por cada Concello.
PUBLICIDADE
"Queda moito traballo por facer. Actualmente estamos tratando de constituír unha
asociación de concellos para impulsar este programa. Pero hai que seguir
redescubrimento non só as rutas de sendeirismo senón tamén as potencialidades que
ofrecen os territorios e paisaxes vertebradas polo Ulla. Neste sentido intentaremos que
actividades como o cicloturismo, a pesca e as actividades acuáticas en xeral se poidan
desenvolver e promocionar de forma conxunta, preservando a contorna a partir do seu
coñecemento e desenvolvemento sostible", sinala a organización.
Polo tanto, engade, "quédannos moitos obxectivos por diante, pero o principal é a promoción turística dos Concellos e do territorio de actuación como destino único.
Para que isto sexa posible, é preciso a implicación das diferentes administracións
públicas".
PUBLICIDADE
O Programa Goza do Ulla 2026, acolle un total de 19 rutas que percorrerán os 20
concellos bañados polo Ulla, unha delas é compartida entre 2 concellos, Touro e Vila de Cruces. As rutas comezarán o 30 de maio en Boqueixón, e rematarán o 24 de outubro en Santiso.
En resumo, o programa Goza do Ulla é unha iniciativa de dinamización turística, cultural e económica arredor do río Ulla, que promove os recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos concellos da súa contorna. Busca conectar territorio, identidade local e desenvolvemento sostible mediante actividades, rutas, eventos e colaboración entre entidades . O seu potencial está en converter o Ulla nun eixo de atracción turística de referencia en Galicia, xerando oportunidades para o comercio local, o turismo activo e a valorización do patrimonio. Ademais, favorece a cooperación intermunicipal e contribúe a fixar poboación e crear actividade económica no rural.









Comentarios