top of page

Silleda convoca para o xoves a reunión con todas as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Este martes celebrouse a reunión cos representantes sindicais da CIG, para avanzar no

proceso de municipalización


Laura Moure/Silleda

Este xoves día 27 celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura de Silleda, ás 16:00 horas, a reunión con todas as traballadoras da plantilla do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nesta asamblea o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, explicarán todos os pasos dados e outras cuestións relativas ao proceso de subrogación, despois de que a empresa adxudicataria renunciara a semana pasada a continuar co contrato.

Esta mesma mañá, Cuiña e Troitiño mantiveron o encontro cos representantes sindicais da CIG, aos que o rexedor explicou que o proceso se acelerará o máximo posible, ademais de explicar como se levará a cabo. Nesa xuntanza –ao remate da que se esperaba que a central aportara a documentación sobre as nóminas sen pagar- tamén se deu conta por parte dos membros do goberno da débeda da empresa ca Seguridade Social e con Facenda.

“Hai total colaboración e esperamos que a subrogación se poida facer efectiva no menor prazo de tempo posible”, explica o alcalde. Cuiña reitera que unha vez se faga efectiva a municipalización do servizo, tendo en conta os prazos legais que se deben cumprir, “o primeiro que se fará dende o Concello será abonar ás nóminas que se adebedan ás

traballadoras”, engade.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page