top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda convoca ás urnas á veciñanza na 1ª semana de setembro para elixir os festivos locais dos vindeiros anos

Ademais das tres celebracións elixidas dos últimos anos, as persoas electoras poderán propoñer outras datas que estimen oportunas, elixindo en todo caso un máximo de 2



Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda, tal e como xa se anunciara, consultará a veciñanza sobre a elección dos dous festivos locais anuais a partir de 2025, cun proceso de participación cidadá fixado para a primeira semana de setembro. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a proposta para que todas as persoas a partir de 16 anos censadas en Silleda, poidan participar no proceso electivo que terá lugar do luns 2 ao venres 6 de setembro próximos. Para facilitar dita votación, establecese un horario de mañá e tarde.

Así, cada persoa que decida participar poder acudir en horario de mañá ás dependencias da Casa do Concello (de 9:00 a 14:00 horas), ou ben pola tarde, no Centro Cultural Vista Alegre en horario de 16:00 a 21:00 horas.


Publicidade

Nestes dous centros facilitaránse as papeletas para exercer o dereito ao voto. En ditas papeletas, ademais das datas que viñan sendo xornada festiva tradicionalmente nos últimos anos (Venres do Lacón, Luns da Empanada e día da Saleta), poderanse incluir libremente outras datas que se consideren oportunas, sempre no marco de celebracións destacadas, e tendo en conta que en cada papeleta deben sinalarse dúas opcións.


O reconto, que será aberto ao público, terá lugar o venres día 6 unha vez rematadas as votacións, no Salón de Plenos do Concello. A proposta resultante, cas dúas festas máis votadas, será elevada ao Pleno ordinario de finais de setembro para a súa aprobación. 

“Somos conscientes de que hai distintas sensibilidades sobre este asunto, polo que tal e como se anunciou o pasado ano, celebraremos este proceso de participación cidadá para decidir democráticamente as dúas datas festivas locais en Silleda para os vindeiros anos”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.


Publicidade

Dende o gobero municipal lémbrase que no ano 2009 se celebrou votación na que a veciñanza elixiu como festivos o 19 de setembro e o luns das festas de verán da Bandeira.

Hai 5 anos, en 2019, ao decidir a comisión de festas organizadora da Saleta cambiar a data para facela coincidir en fin de semana, optouse por establecer como festivo o venres das festas de verán Silleda, pero en maio de 2023 a veciñanza de Siador decidiu volver a celebrar o día da Saleta o 19 


Publicidade

“Esta iniciativa forma parte dos procesos de participación que se abrirán nos vindeiros meses, e que continuarán tamén ca creación do Consello Veciñal despois de crear tamén en xullo o Consello da Muller”, indica a concelleira de Participación Cidadá, Mónica González. 

Publicidade

No suposto caso de empate entre dúas alternativas, entre segunda e terceira opción, resolverase por sorteo. A proposta aprobada polo goberno local tamén establece que no caso de que unha das celebracións elixidas coincida algún ano en sábado ou domingo, tomarase como festivo a seguinte opción máis votada. 


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page