top of page

Silleda celebrará o vindeiro venres 11 de setembro a Festa da Árbore dos Chupetes

A cita, dirixida ás crianzas de 0 a 5 anos e ás súas familias, terá lugar a partir das 17:30

horas na Praza Benito Rivas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda celebrará o vindeiro venres 11 de setembro unha nova edición da Festa da Árbore dos Chupetes, unha iniciativa dirixida ás crianzas de 0 a 5 anos e ás súas familias que sedesenvolve cada ano na Praza Benito Rivas.

A actividade dará comezo ás 17:30 horas e volverá converter este céntricoespazo nun punto de encontro para as familias, cunha tarde pensada para compartir, xogar e desfrutar cos máis pequenos e pequenas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A Árbore dos Chupetes, instalada na Praza Benito Rivas, naceu como un espazosimbólico no que as crianzas poden deixar os seus chupetes nun momento especial da súa etapa de crecemento. A iniciativa busca acompañar este proceso de transición dun xeito lúdico, familiar e cargado de simbolismo.


A festa converteuse xa nunha cita anual para as familias de Silleda, dando continuidade á proposta posta en marcha nos últimos anos. O programa inclúe unha merenda saudable con froita fresca, ademais de xogos e animación para todas as idades, xa que a convocatoria está aberta a nenos e nenas de 0 a 5 anos e as súas familias.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde o Concello destacan a importancia de manter este tipo de iniciativas dirixidas á primeira infancia, creando espazos de encontro e actividades adaptadas ás necesidades das crianzas e das súas familias.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page