Laura Moure/Silleda
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e a tenente alcaldesa e concelleira de Deportes, Mónica González, mantiveron a primeira reunión de traballo co redactor do anteproxecto da futura piscina municipal, así como con representantes da empresa Brular, encargada da coordinación do estudo previo tanto a nivel técnico como económico. No encontro analizáronse diferentes alternativas de ubicación na parcela de titularidade municipal e de distribución do equipamento, avanzando nunha primeira proposta de deseño.

A proposta inicial contempla unha piscina de 25 x 12,5 metros con seis rúas, acompañada de vestiarios de vestuarios e monitores. Ademais da zona de piscina, o proxecto inclúe tres salas para actividades dirixidas: unha de cardiofitness, outra para clases grupais de maior capacidade e unha terceira para sesións máis reducidas. Tamén contará cunha área de aseos, unha oficina de dirección, administración e un espazo destinado a enfermería e botiquín. A proposta inicial prevé unha edificación dunha soa planta, cunha superficie construída duns 1.400 metros cadrados.
Plantéxase o diseño duns edificio ecosostible e intelixente que permita aproveitar o recursos caloríficos da rede de calor e o uso do centros con amplos horarios por control electronico de acceso a zona de cardiofitness.
Publicidade
En todo caso, este anteproxecto é un primeiro avance que se axustará en función dos resultados da enquisa que se está desenvolvendo tanto de maneira presencial como telefónica nas últimas semanas. Os datos obtidos compararanse cun estudo de referencia de instalacións similares en outras localidades de características demográficas parecidas, así como coa enquisa do Consello Superior de Deportes sobre hábitos deportivos, a máis relevante a nivel estatal. A partir destes tres escenarios estableceranse os criterios para determinar a mellor alternativa para o desenvolvemento da infraestrutura.
Desde o Concello trabállase na liña de que a piscina municipal se constrúa baixo un modelo de concesión público-privada, co obxectivo de garantir a viabilidade económica tanto da súa execución como do mantemento a longo prazo. As primeiras estimacións sitúan o custo da construción nunha horquilla entre os 2,5 e os 3 millóns de euros.
O Concello de Silleda continúa dando pasos firmes para facer realidade esta nova infraestrutura deportiva, garantindo que o proxecto final se adapte ás necesidades da veciñanza e ás mellores opcións técnicas e económicas dispoñibles. “Agradecemos as persoas que están participando na enquisa as súas aportación, xa que nos permitirán ter datos sobre as posibilidades reais desta infraestrutura” di a alcaldesa.
Comments