Renovarase o firme das AC-841, AC-543, AC-960 e AC-261 por Santiago, Boqueixón, Touro, Teo, Ames, Rois, Lousame e Noia
- Laura Moure

- hace 7 minutos
- 3 Min. de lectura
Laura Moure/Touro
O Consello da Xunta acaba de darlle luz verde á contratación por máis de 10,6M€ as obras de renovación do firme en 19 estradas de titularidade autonómica ao seu paso por 30 concellos das catro provincias. O obxectivo é mellorar as características funcionais das estradas da Xunta e seguridade viaria en distintos treitos, para o que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitará nas vindeiras semanas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, as actuacións en catro lotes distintos, un por provincia.

Os traballos consistirán na rehabilitación superficial do firme destas estradas, con distintas actuacións, restaurando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade. No caso da provincia da Coruña trátase de levar a cabo unha renovación do firme para o mantemento e conservación das estradas AC-841, AC-543, AC-960 e AC-261 ao seu paso polos municipios de Santiago de Compostela, Boqueixón, Touro, Teo, Ames, Rois, Lousame e Noia. Esta intervención será licitada por un importe de 3.471.963 euros e contarán cun prazo de execución de catro meses.
No que corresponde á de Lugo, as actuacións de reforzo do firme centraranse nas estradas LU-021, LU-115 e LU-541, nos seus percorridos polos municipios de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei. Neste caso, o contrato licitarase por un investimento de 2.673.385 euros e disporán dun prazo de execución de seis meses.
Publicidade
Na provincia de Ourense os traballos de contratación de acondicionamento do firme incluirán as estradas OU-102, OU-104, OU-105, OU-150, OU-320 e OU-537, ao seu paso polos concellos de Maceda, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Allariz, Taboadela, Ourense, Coles e Paderne de Allariz. Estas estradas presentan unha deterioración superficial do firme e as obras licitaranse por un importe de 2.344.117 euros e contarán cun prazo de execución de seis meses.
Finalmente, o contrato das actuacións para levar a cabo nas estradas da provincia de Pontevedra correspóndese coa mellora do firme nas estradas PO-548, VG-4.2, PO-224, PO-305, PO-316 e PO-223, nos seus percorridos polos concellos de Caldas de Reis, Cambados, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Valga e Vilagarcía de Arousa. As obras serán licitadas por un investimento de 2.141.007 euros e disporán dun prazo de execución de seis meses.
Publicidade
En concreto, en todas as intervencións obxecto de contratación inclúese a rehabilitación superficial do firme destas estradas, con actuacións que incorporan a restauración ou mellora das características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade segundo a tipoloxía e necesidades de cada unha delas. Así, as obras incluirán a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme; selado de fisuras lineais con mestura bituminosa, renovación e homoxeneización da rodadura. A maiores, segundo as necesidades das distintas vías autonómica, defínense unha serie de actuacións complementarias necesarias para a correcta execución dos traballos, como é a reposición de marcas viarias (liñas continuas e descontinuas, pasos de peóns, símbolos e resaltes) nos tramos onde se renove a capa de rodadura e nos tramos onde a xa existente perdeu as súas prestacións.
O departamento de Infraestruturas da Xunta segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé adxudicar estes contratos no primeiro semestre de 2026, para executalas tamén no vindeiro ano. O Goberno galego acadará de novo o récord histórico en investimento en conservación de estradas da rede autonómica no 2026, con 71,6 M€, superando os 68,5 M€ dos orzamentos de 2025.








Comentarios