O BNG de Deza-Tabeirós Montes xunta forzas contra a violencia machista
- ecosdacomarca

- hace 11 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O nacionalismo dos concellos da comarca afronta o 25N co compromiso de
seguir loitando contra a invisibilización e a involución ao respecto da violencia de
xénero, coa solicitude de recursos para desenvolver esta loita de todas e todos con
garantías. “O negacionismo sobre a violencia de xénero que impera na dereita e a extrema dereita permea na sociedade, queiramos ou non, e contra iso queremos tamén loitar dende o BNG, confiando sempre en que o feminismo é o camiño a seguir” declara Xoán Blanco na previa ás concentracións, animando a todas e todos a acudir e manifestarse contra o que el cualifica de “involución que non podemos permitir”.

Nesa manifestación de apoio membros do BNG da comarca xuntáronse para tratar o tema e sopesar iniciativas que se poidan desenvolver a pé de rúa na loita contra a violencia contra as mulleres. Nesa reunión tratáronse as múltiples eivas ao respecto da falla de músculo que o goberno amosa contra a loita contra a violencia machista, restando
algo máis dun millón de euros nos orzamentos da Xunta de Galiza que tiñan coma fin a
atención das mulleres vítimas de violencia machista. “Non é de recibo que nos tempos
que vivimos, sabendo que dende 2008, 60 mulleres perderon a vida a man da súa parella,
se reste recursos neste eido, máis que se pode agardar dun goberno que mantén no
consello da Xunta a un Conselleiro do que xa sabían que tiña unha denuncia por acoso
sexual?” fai esta pregunta o Responsable Comarcal dubidando da intención da Xunta de
Galiza na loita contra a violencia machista.
Publicidade
Dende o BNG comarcal reiteran que se situarán fronte ao negacionismo que medra
perigosamente e a carón do feminismo como vía de loita, solicitando máis recursos para
desenvolver a lei galega de violencia e máis esforzos contra a violencia sexual, ao igual
que o reforzo dos Centros de Información á Muller.
Publicidade
Ao mesmo tempo lembran, entre outras solicitudes, que sería necesario fornecer á Atención Primaria de máis servizos de atención psicolóxica, que na comarca están completamente infradotados, cun sistema sanitario onde a saúde mental está debilitada e non cumpre en absoluto coas demandas da poboación, tampouco nos casos das mulleres vítimas de violencia.








Comentarios