top of page

O Mosteiro de Carboeiro recibiu 1.134 visitas no mes de outubro de 2025

Laura Moure/Silleda

O Mosteiro de Carboeiro de Silleda continúa a consolidarse como un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do municipio. Ao longo do mes de outubro, o antigo cenobio románico rexistrou un total de 1.134 visitas, unha cifra destacada para este período do ano e que confirma o interese continuo que esperta este monumento entre a cidadanía galega e visitantes doutras procedencias.

ree

Segundo os datos recompilados, o perfil maioritario das persoas visitantes corresponde a mulleres maiores de 35 anos que chegan ao monumento en vehículo particular, acompañadas da súa familia, e que previamente coñeceron o recurso a través de buscas na Internet.


Un 8% das visitas chegou a pé, ben dende o Balneario de Brea, ben completando parte do Sendeiro do Deza, a ruta que comunica a Fervenza da Toxa co Mosteiro e que continúa a atraer un número crecente de sendeiristas.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A procedencia das persoas visitantes mantén a tendencia habitual dos meses de outono, con predominio do turismo galego. A maior parte chegou dende a provincia de Pontevedra, destacando as localidades de Vigo e Pontevedra, así como visitantes procedentes da cidade da Coruña.


Do resto de España achegáronse un total de 306 persoas, destacando as residentes en Cataluña, así como outras 32 de procedencia internacional (Italia, Polonia, Bélxica, Suiza, Perú e México).


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Estes datos poñen de manifesto o interese que segue xerando Carboeiro ao longo de todo o ano, incluso en meses de menor afluencia turística.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page