top of page

Silleda Activa retoma a súa actividade con 149 participantes divididos en cinco actividades distintas

2 sept
2 min de lectura

A iniciativa do Concello de Silleda ofrece este curso cinco actividades: ximnasia de mantemento, obradoiro de memoria, musicoterapia, aeróbic e pilates


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Activa retomouse onte despois do parón estival. Esta iniciativa municipal do Concello de Silleda dirixida a persoas maiores de 65 años ou pensionistas para fomentar a actividade física, o benestar e a estimulación cognitiva contará nesta nova

edición con 149 persoas anotadas nas diferentes actividades incluídas no programa, mentres que outras 33 persoas permanecen en lista de agarda.

Silleda Activa ofrece neste curso un total de cinco actividades, pensadas para fomentar a actividade física, estimular a memoria, favorecer o benestar emocional e promover hábitos de vida saudables. As propostas son ximnasia de mantemento, obradoiro de memoria, musicoterapia, aeróbic (tamén no centro social da Bandeira) e pilates.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A elevada participación e o número de persoas en lista de agarda poñen de manifesto o interese da cidadanía por este tipo de actividades, que combinan exercicio, saúde e socialización.


A concelleira de Benestar a Igualdade, Ángela Troitiño, asistiu onte ao comezo das actividades de ximnasia de mantemento e Obradoiro de memoria, para dar a benvida e explicar aos novos participantes as líñas básicas do programa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde o Concello de Silleda salientase a importancia de continuar impulsando programas que favorezan un envellecemento activo e saudable, ao tempo que ofrecen espazos de encontro e participación para a veciñanza.


Con esta nova edición, Silleda Activa consolídase como unha das principais propostas municipais, dando resposta á demanda existente e apostando por actividades que contribúen á mellora da calidade de vida das persoas participantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page