top of page

Silleda acolle o vindeiro xoves a representación teatral 'De Vilatriste a Vilalegre'

31 ago 2024
1 min de lectura

A cita, para o público familiar, será na praza Juan Salgueiro ás 20:00 horas


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda acolle a obra de teatro 'De Vilatriste a Vilalegre', que se

representará o vindeiro xoves 5 de setembro ás 20:00 horas na Praza Juan Salgueiro. Esta actuación forma parte da xira do 40 aniversario do Centro Dramático Galego, que está a percorrer máis de 100 concellos galegos para celebrar esta data tan sinalada.

'De Vilatriste a Vilalegre' é unha divertida peza de monicreques que conta coa coprodución de Teatro O Cubo e o Centro Dramático Galego. A trama xira arredor de Trepas, un mozo habitante da vila de Vilatriste, que se ve envolto nunha inesperada aventura para salvar a súa aldea dun malvado dirixente. Cunha singular superheroína como aliada, Trepas deberá descubrir a fórmula para vencer ao seu inimigo, pero... funcionará?


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A obra, deseñada por Beatriz Vega e con texto de Roi Vidal, mestura elementos da identidade rural galega cos superpoderes e o mundo do cómic, creando unha proposta escénica que combina teatro actoral e de monicreques. Interpretada por Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño, a obra está pensada para públicos de todas as idades, co obxectivo de xerar comunidade ao redor das artes escénicas e ofrecer unha experiencia entretida e educativa para todas as xeracións.


A representación terá lugar a bordo da “Utópica Rodante”, unha caravana escénica que percorre as vilas galegas levando a maxia do teatro a pé de rúa.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page