top of page

Silleda acolle o sábado 10 de xaneiro o musical“Las Guerreras K-Pop”

É un espectáculo familiar cheo de música e enerxía no auditorio Semana Verde


Ecos da Comarca/Silleda

O Auditorio da Semana Verde de Silleda acollerá o vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 17:00 horas, o espectáculo musical “Las Guerreras K-Pop”, unha proposta dirixida ao público familiar que combina música, baile, luz e unha posta en escena espectacular inspirada no fenómeno mundial do K-Pop.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O musical preséntase como un tributo cheo de forza e mensaxes positivas, protagonizado por heroínas que apostan pola amizade, a superación e o traballo en equipo, cunha estética visual impactante e coreografías moi dinámicas. O espectáculo está dirixido por Pedro Llaudes, recoñecido actor con experiencia en grandes producións musicais.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“Las Guerreras K-Pop” promete unha experiencia vibrante para nenas, nenos e familias, cun formato moderno e atractivo que conecta coa mocidade a través da música actual e unha historia chea de ritmo e emoción.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

As entradas para o espectáculo poden adquirirse a través da plataforma



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page