top of page

Sete persoas recibiron asistencia médica en Melide por síntomas compatibles cunha intoxicación

Ecos da Comarca/Melide

Sete persoas recibiron asistencia médica en Melide por síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido. Se ben as medicións resultaron negativas, os bombeiros sospeitan do tipo de leña empregado para alimentar unha cociña de leña.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Os feitos ocorreron nun domicilio da Rúa Campo Grande, en Melide. Contra a unha desta tarde, un equipo médico trasladouse a vivenda do número 38 para valorar a sete persoas que presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dos sete afectados, tres tiveron que ser trasladados ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde de Melide, mentres que as outras catro persoas acudiron polos seus propios medios.


O aviso chegou ao 112 Galicia mediante o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Deste xeito, foron avisados os Bombeiros de Arzúa para realizar as comprobacións necesarias.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Tomaron mostras tanto na planta baixa como na alta da vivenda, pero as medicións resultaron negativas. Non obstante, os bombeiros sospeitan do tipo de leña empregado para alimentar unha cociña de leña. Probablemente, a madeira estivera tratada con verniz, que, ao entrar en combustión liberou o monóxido de carbono.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page