top of page
Foto del escritorLaura Moure

Sete festas de Interese Turístico de Galicia das comarcas reciben 4.000 euros de axuda da Xunta

O ente autonómico apoia este ano preto dun cento de celebracións


Laura Moure/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución da convocatoria das axudas para a promoción das festas de interese turístico de Galicia da que este ano son beneficiarias un total de 97 festividades das catro provincias, e entre elas figuran sete das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa. Como novidade, Turismo de Galicia incrementou este ano o orzamento global, ata os 500.000 euros, e tamén o apoio que recibe cada festa, pasando de 3.000 ata 4.000 euros.

A Festa do Galo Piñeiro do Pino é unha das beneficiarias.

Como se informa no DOG onde se pode consultar toda a relación de beneficiarios, nesta convocatoria de concorrencia non competitiva, reciben a axuda 28 festas de interese turístico de Galicia da provincia de A Coruña, 23 da provincia de Lugo, 19 festas da provincia de Ourense e 27 da provincia de Pontevedra. Podían ser beneficiarios os concellos galegos nos que se celebrasen durante este ano 2024 festas de interese turístico de Galicia, que a día de hoxe superan as 140, e só se podía conceder unha axuda por concello.


Publicidade

Cada festividade beneficiaria recibe este ano 4.000€ por parte de Turismo de Galicia coa intención de potenciar estas festas co recoñecemento de interese turístico de Galicia e contribuir a parte dos investimentos directamente vinculados a elas. Así, sufráganse, entre outros, gastos vinculados coa promoción e difusión turística da festa como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación, actuacións artísticas… No caso de celebracións de festas gastronómicas son subvencionables os gastos de adquisición do produto obxecto da festa.


Estas axudas enmárcanse no traballo levado a cabo polo Goberno autonómico para o impulso das festas de interese turístico de Galicia, que, pola súa singularidade e tradición, se converten en importantes reclamos en distintos momentos do ano e tamén de xeito repartido por toda a Comunidade galega, aliándose así cos obxectivos de desestacionalización e diversificación do modelo turístico impulsado pola Xunta de Galicia.


Publicidade

Así das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa as beneficiarias son:

  • A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino.

  • A Feira de Santos de Monterroso.

  • A Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces.

  • Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide de Melide.

  • A Festa do Queixo de Arzúa.

  • A Festa da Malla de Doade, Lalín.

  • A Festa da Empnada da Bandeira de Silleda.


Os interesados poden consultar todas as axudas concedidas no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240604/AnuncioG0256-270524-0001_es.html

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page