top of page

Seis vehículos resultaron danados tras colidir contra un xabaril en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Seis vehículos resultaron danados tras colidir contra un xabaril na AP-53 ao seu paso por Silleda. Ocorreu contra as 22 horas do luns, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Ningunha persoa resultou ferida, e foi unha das condutoras implicadas quen contactou co 112 Galicia instantes despois de sufrir o accidente no quilómetro 24 da AP-53, na parroquia silledense de Cervaña. De feito, no transcurso da chamada chocaron co animal falecido tres coches máis, que tamén presentaban danos.



 Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa banda, a Garda Civil de Tráfico comunicou unha vez rematada a súa intervención que houbo un total de seis coches accidentados.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, desprazáronse ao lugar os servizos de mantemento da estrada.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page