top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Seis corredores do GTR Galaico Trail Run deron o mellor de si no Trail Azores Triangle adventure

Competiron Renato García, Ángel Gómez, Diego Agra, Tania Jordedo, Verónica Mon e Belén González, nunha carreira con limitación de inscricións a 120 participantes por proba


Ecos da Comarca/Deza

O equipo do Gtr Galaico Trail Rum desprazou a seis dous seus componentes a disputar no país veciño de Portugal, máis concreto nas Illas Azores, a carreira Trail Azores Triangle adventure: tres illas, tres días, tres carreiras. Os corredores Renato García, Ángel Gómez, Diego Agra, Tania Jordedo, Verónica Mon e Belén González foron os representantes nesta proba con limitación de inscricións a 120 participantes por proba.


Renato García, Ángel Gómez e Verónica Mon disputaron as tres probas e Diego Agra, Tania Jordedo e Belén González, a última.


As carreiras consistiron en:

  • O venres 22 disputaron na Illa Pico o ascenso ao Pico Mountain, o máis alto da xeografía (2351+ desnivel ) lusa, que conta con 30 quilómetros de puro ascenso con 2.400+ desnivel e 170-.

  • O sábado 23 correron polo complexo volcánico dos Senderos 30km con 1700+ desnivel e 2120-.

  • O domingo 24 foron uns 35km e esta vez foi na illa máis nova e que trascurre por rocha volcánica.

A galaica Verónica Seijas lidera o primer posto categoría M- 45 "cunha forte solvencia nas tres carreiras tanto ascenso, sendeiros como na última e máis técnica marcando un gran liderazgo inconmensurable", sinala o clube. Renato García logra xunto a Ángel González uns magníficos 7° e 8° posto na M-45. "Cun notable esforzo e ante equipos profesionales de nivel internacional, unha proba na que en tres días de sobrepasaron os 95 km e 6.000 de desnivel positivo na que conseguiron lograr un magnífico cuarto posto por equipos".

Na última proba, na illa máis volcánica e máis técnica de 35 quilómetros cun terreo moi técnico con solo rochoso e máxima dificultade tamén participaron a corredora Tania Jordedo quedando 116 da xeral, Belén González, 121 da xeral e Diego Agra, 117 da xeral.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page