O de hoxe saldouse con catro persoas feridas
Ecos da Comarca/Santiso
Este xoves tivo lugar un accidente de tráfico no municipio de Santiso no coñecido como 'cruce dos oitos'. E cabe mencionar que é o segundo sinistro nesta semana, xa que o luns tivo lugar outro no mesmo sitio.
Neste caso, tamén se tratou dunha colisión entre dous coches e saldouse con catro persoas feridas. Todas foron trasladadas para recibir asistencia médica. Segundo os alí presentes, viaxaban dúas en cada vehículo. Os coches implicados foron un Volkswagen Golf 6 e un Peugeot 406.
Publicidade
O 112 Galicia foi avisado sobre as 19:30 horas. "Chamounos un particular e indicounos que había persoas feridas, pero non atrapadas". Con estes datos o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico. Tamén informou aos Bombeiros de Arzúa, pero xa non se desprazaron.
NOTICIA RELACIONADA:
O accidente deste luns que tivo lugar no mesmo sitio:https://www.ecosdacomarca.com/post/colisi%C3%B3n-de-dous-coches-no-co%C3%B1ecido-como-cruce-dos-oitos-en-santiso
Comments