top of page

Segunda vitoria consecutiva de Silleda Motorsport en Noia

25 abr 2024
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

De novo o equipo da Escudería JRT Motorsport logra subirse ao caixón máis alto do podio no Volante FGA e Beca PXP25. A pasada fin de semana celebrábase na localidade coruñesa de Noia a edición número 38 do Rali Berberecho de Noia, na que un total de 18 equipos aspiraban á vitoria dentro do Volante FGA, e gran parte destes tamén para a Beca PXP25 da Federación Galega de Automobilismo.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil, de novo mantiñan un ritmo alto nun rali cunha gran cantidade de abandonos por saída de estrada, disputado nuns tramos secos e moi rápidos, e lograban terminar a xornada como primeiros clasificados en ambos os certames, o que lles mantén á fronte da clasificación tras a vitoria en Lalín e o segundo posto na Coruña, cunha marxe de 25 puntos sobre o pontevedrés Maikel Santos.

O balance tras tres probas disputadas é inmellorable, con tres vitorias na Beca, o obxectivo marcado a principios de tempada. Un resultado magnífico tamén para a Escudería trasdezana JRT Motorsport, sendo premiados todos os participantes da mesma, un resultado difícil de igualar e que coloca ao equipo segundo na casificación de Escuderías do Campionato Galego de Rallyes. A seguinte proba disputarase dentro de tres semanas na localidade de Viveiro, coa celebración do Rallye Mariña Lucense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page