Segue aberto o prazo para anotarse no programa O espertador de Rodeiro dirixido aos maiores
- ecosdacomarca
- 15 jul 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
A concelleira de Servizos Sociais de Rodeiro, María Simón, informa que comezaron as actividades programadas para os maiores e que se levan a cabo nos locais sociais que hai nas parroquias nas que hai demanda.
"As actividades son moi diversas e completas e dando prioridade por exemplo á ximnasia, talleres de memoria e manualidades", sinala.
Segue aberto o prazo para inscribirse e as actividades son completamente gratuítas. Os interesados poden obter toda información nas oficinas do Concello ou no teléfono 986 790 009.

Comments