top of page
Foto del escritorecosdacomarca

"Señor Cuiña, déixese de vitimismos e de paripés e póñase a negociar", di o BNG

"Desde o BNG insistimos: seguimos en disposicións de retomar as negociacións, se o PSOE e Manual Cuíña están realmente interesados"


Ecos da Comarca/Silleda

Comunicado do BNG de Silleda

"Logo das declaracións do alcalde de Silleda en rolda de prensa, ameazando con dimitir se non se aproba a proposta non negociada que leva ao pleno extraordinario do 19 de xullo, queremos facer as seguintes puntualizacións:

• É sabido por todos que o alcalde quere deixar a política desde hai tempo. Se quere facelo o

que ten que ser é leal coa cidadanía, que lle deu 2 maiorías absolutas e co BNG que

facilitou, sen pedir nada a cambio, a gobernabilidade do PSOE en 2007, 2011 e 2023. Para dimitir chega con un “ata aquí cheguei, doulle paso a outra xente”, en vez de embarrar todo.


• Fala o alcalde de negociacións co BNG en relación ás retribucións. A realidade é que houbo unha reunión inicial na que trasladamos unha proposta de mínimos, abertos a negociar


• Uns días despois, despois dun pleno, Cuiña respondeu pasándonos unha proposta

de máximos. Despois diso, desde o BNG pedimos -telefonicamente- que rebaixaran algo a contía porque estaba lonxe da nosa proposta e a resposta foi, para a nosa sorpresa, convocar o pleno do pasado 11 de xullo sen trasladarnos antes da convocatoria sequera as propostas que alí se debateron.


• O problema xa non é de cartos, é das formas, de educación e de respecto. Se chamas a

alguén para negociar, negocias ata acadar un acordo ou ata que se rompe a mesa. Neste

caso non houbo acordo nin proposta para consensuar.

Publicidade

• Por aclarar, a asemblea do BNG tiña aprobada unha proposta inicial de 90.000€ e outra definitiva, que implicaba cesións pola nosa parte, que non puidemos chegar a expor nin debater porque en lugar de convocar unha reunión para debater, o alcalde optou por

convocar o pleno coa súa proposta.


• Di o alcalde que non está disposto a aceptar nin unha rebaixa dun euro no seu salario. Pero

quen se cre? O alcalde non é funcionario, nin consolida dereitos por anos traballados. É

político, e o seu salario será o que determine conxuntamente o pleno, podendo ser máis alto

ou máis baixo. Acaso non entende que ten que negociar e buscar acordos?


• Fala o alcalde de chantaxe do BNG. Recomendámoslle que busque o significado da palabra e despois verá como aquí o único que está facendo chantaxe é el. Ou se aproba a súa proposta ou marcha. Unha actitude máis propio dun neno pequeno, ou dalguén que tiña xa pensado marchar.


• Revelar no pleno o contido de conversas privadas coa nosa voceira indica a súa catadura moral.


• Respecto á argumentación acerca de ñ convocar o pleno as 11 horas, cando existía un acordo para facelo ás 18 horas, resulta patética. Pola tarde tamén se pode dimitir. Xa é o colmo que diga que está á nosa disposición para falar. Quen leva unha proposta a pleno -o alcalde- será o que

ten que buscar apoios para que sexa aprobada. Ten tempo para convocar dous plenos e non para convocar unha reunión?


• Señor Cuiña, déixese de vitimismos e de paripés e póñase a negociar, que é o que lle toca. Desde o BNG insistimos: seguimos en disposicións de retomar as negociacións, se o PSOE e Manual Cuíña están realmente interesados".

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page