top of page

Saída de vía na AP-53 á altura do municipio de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O accidente de hoxe. Autor: Emerxencias Lalín

Este venres rexistrouse un accidente na AP-53 á altura do municipio de Lalín. O 112 Galicia foi alertado por varios particulares sobre 10:45 horas.

"Foi á altura de Catasós, dirección Santiago, e tratouse dunha saída de vía", informa o 112. "Indicáronos que a muller e única ocupante do vehículo estaba liberada e accesible", engade e sinala que coche obstruía parcialmente o tráfico no carril dereito.

Con estes datos o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, a Emerxencias Lalín, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo de Mantemento da Autoestrada.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page